A poucas horas de comezar de verdade o curso (vamos, a última hora, como os alumnos dos que logo me queixarei) chega a xiztoria unha reseña da exposición que anunciabamos aquí a final do curso pasado: "Autopsia educativa". Nela estaba implicada unha clase de maxisterio e por tanto dúas queridas xiztoriadoras de primeira hora: Goretti Fraga e Angie-oh-Angie Alonso. A visita á exposición foi unha experiencia moi interesante. Tratarei de poñer algo do que me deixou.
Estructúrase en tres bloques de imaxes:
No primeiro os alumnos e alumnas aparecen fotografados e sostendo carteliños que reflexan os seus medos, desexos, intereses... nesa andadura para a que se están a preparar. Hai quen teme que non lle fagan caso, que non os tomen en serio(interrogante que non se dirixe só para os nenos, tamén para a sociedade en xeral), hai quen non se quere sentir como unha marioneta. Tamén quen (antes de empezar) xa pensa como "happy hour" no periodo que vai das 22.00 ás 6.00.
Nun segundo bloque unha instalación coloca un grupo de mesas clásicas de todos os "coles" e tras ela proxecta imaxes das localizacións ideais onde a estes futuros maestros lles gustaría impartir docencia. Hai moito mar (por exemplo Goretti), fermosos bosques e praderías ou como Angela unha cheminea acolledora e un mol sillón. Vexo pouca cidade como se todo o mundo fuxira do que, sen remedio, será o medio onde eses nenos se deberan desenvolver. Non creo que sexa bo volver as costas a ningunha realidade.
O terceiro bloque foi o que máis me interesou. Sete fotografías de simulacións en aulas de primaria. Alí vemos, como por un buratiño, a profesores que explican para un lado mentres o resto fai avións de papel. Profesores que explican cos ollos tapados por un pano, descoñecendo aquelo ao que se dirixen, como noutra imaxe na que a cámara colócase tras o profesor e descubrimos que ao miralos ve neles caretas pero non seus verdadeiros rostros. Máis aínda, os rapaces se situan en varias filas pero non hai ocos para transitar entre eles. Noutros casos os profes aparecen como víctimas asediados polos rapaces que os manteñen atados, que lles botan flechas, que se parapetan como en barricadas.
Pero a que máis me chamou a atención(curiosamente non aparece en ningunha crónica periodística do evento) foi unha na que se invierten os papeis. Nela podemos ver unha clase na que os alumnos e alumnas son persoas adultas(seguramente profes) Na mesa do profesor un neno que lee un "Manual do bon profesor". E no encerado o esquema de leccións do curso:
Tema 1º Motivación
Tema 2º Ilusión
Tema 3º Imaginación
Tema 4º Compañerismo.
Motivación e ilusión son plantas, certamente, moi delicadas. A súa vida non ten porque ser longa e a rutina diaria, as desilusións, as expectativas non cumplidas rematan por agostalas. A imaxinación vive moito das dúas primeiras, aliméntase en parte delas. Por iso para os veteranos nesto o compañerismo é o revitalizante das anteriores. Cada día que pasa é máis necesario encontrar nos compañeiros, no traballo con eles a motivación e a ilusión que volveran a activar a imaxinación. En fin, so me queda desexar a estas novas xeneracións de docentes que manteñan viva esa ilusión por esta profesión e que nos aporten coa súa chegada novos folgos, ideas, maneiras de facer....
PD. Eu tamén me puxen unha vez un nariz de paiaso e (creo) que me tomaron en serio.
2 comentarios:
No sé si es porque hoy estoy sensible pero la verdad es que me he emocionado al leer esto...
Cuando empezamos a estrujarnos el cerebro para la exposición no pensamos que fuese a quedar tan bien ni que iba a ser tan interesante. Fue una experiencia muy buena y aprendimos un montón...
Para hacer las fotos de la tercera parte (la que mencionas precisamente es la del grupo de Goretti y yo jujuju) nos ayudó Jesús Madriñán, te pongo la página web para que le eches un vistazo a su trabajo que es una pasada http://www.jesusmadrinan.com/new/
las fotos fueron hechas persona por persona mientras uno de nosotros aguantaba un foco al lado, después las montó todas para que pareciese una foto...bueno a mi me pareció impresionante!
Me alegro de que el mensaje de la exposición haya llegado y muchas gracias, Julián, por implicarte tanto y sembrar ilusión por la docencia en una maestra en potencia :)
Angie
Noraboa ás dúas polo traballo. E ánimo para esa docencia-decencia.
Publicar un comentario