Estamos a piques de empezar en 1º co tema da Revolución Rusa e volve a ser oportuno recomendar unha das pelis da miña vida,Doutor Zhivago. Unha larga película de David Lean na que a historia personal do protagonista, médico e poeta, enamorado de dúas mulleres entrelázase coa historia de Rusia en plena colvulsión revolucionaria. Historia particular e historia colectiva resoltas de maravilla.
E curiosidades. Non se podía rodar naqueles anos en Rusia unha película que era adaptación dunha novela alí prohibida. Así que...buscando buscando algo parecido a Siberia marcharon a Soria. E algo parecido a Moscú....iso era máis fácil, ás aforas de Madrid no barrio de Canillejas construiron unha reproducción de Moscú. E para extras... ¡madrileños e madrileñas, claro! Esta película rodouse en 1965, en pleno franquismo, e nese momento os extras tiveron que cantar ¡a Internacional comunista! XDD
No hay comentarios:
Publicar un comentario