Para contactar con xiztoria

Contacta con nós en: xiztoria@gmail.com

5/2/11

Ye banks and Braes. Robert Burns


Na primeira (e agardo que non única) vez que estiven en Escocia formaba parte do Coro de Cámara da Coruña (magníficamente dirixido por Julián Jesús Pérez) . Ye banks and Braes era unha das pezas que levabamos no repertorio e fíxonos vivir unha desas experiencias que a música depara, a miudo, como emocións emboscadas.
Deprazabamonos no tren dende Londres e Edinburgh. Longo percorrido, campiñas extensas e moito tempo para charlar, mirar, rir e...,como non, cantar(daquela non se daba aínda a proliferación de aparatos electrónicos reproductores de música como mp3, ipods... que vivimos agora).
Nun determinado momento, comezamos a cantar "Ye banks and Braes" , unha melodía tradiconal escocesa que levabamos como deferencia ao público. Cal non sería a nosa sorpresa cando as persoas que viaxaban no vagón, ao completo, sumáronse de inmediato ao noso canto formando a canción coral máis improvisada e emocionante que poidades imaxinar. Era como se houbesemos tocado algúnha fibra moi íntima de todas aquelas persoas. Aínda recordo con emoción este momento.
Está claro que con cancións se podería facer a historia da nosa vida.
Agora traio a "xiztoria" esta melodía que agardo vos guste, co texto de Robert Burns que paga a pena saborear..

Ye Banks and Braes

Ye banks and braes o' bonnie Doon,
How can ye bloom sae fresh and fair?
How can ye chant, ye little birds,
And I sae weary, fu' o' care!
Thou'll break my heart, thou warbling bird,
That wantons thro' the flowering thorn!
Thou minds me o' departed joys,
Departed, never to return.

Oft hae I rov'd by bonnie Doon,
to see the rose and woodbine twine;
And ilka bird sang o' its love,
And fondly sae did I o' mine;
Wi' light some heart I pu'd a rose,
Fu' sweet upon its thorny tree!
And my fause lover staw my rose -
But, ah! he left the thorn wi' me.
Meaning of unusual words:
braes=hillsides
ilka=every

Here is a song by Robert Burns in one of his more soulful moods as he describes a love-lost girl as she wanders by the banks of the river Doon in Ayrshire
Por certo, dun poema de R. Burns sae o título de Salinger, "O garda entre o centeo"

DESVÍO POR OBRAS. (Por se gustades de Robert Burns)
Andy M. Stewart - Songs of Robert Burns (1989)

NOTA.
As versións sobre esta melodía son moi abondates. A elixida de Gary Cleghorn gústame especialmente porque creo que garda mellor o espíritu e o tono orixinal das palabras de R. Burns.
Pero para aficionados/as ás versións van dúas curiosas:
A medio gamberra dos Real Mckenzies

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Non, Xulián:a versión más emotiva era a nosa, non si?

Susana de Lorenzo

Anónimo dijo...

It's hateful to compare ... It's not polite.

xiztoria dijo...

Vaia, vaia... Anuncio aos meus lectores que acaba de intervir no blog Susana de Lorenzo. E aquí si que estamos diante dunha gran cantante. ¡non sabes canto me alegro, Susana! Certemente a nosa armonización era moi chula.
E especto ao comentario en inglés, de acordo que comrar é odioso ( impórtame menos se é ou non adecuado) pero eu falo dende unha pura opinión sen pretensións noin der sentar cátedra nin de crear criterio nin de nada...

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...