Para contactar con xiztoria

Contacta con nós en: xiztoria@gmail.com

24/2/11

Tómasa Lero. Examen sobre Fernando VII para alumnado de Ciencias

Estes días en que nos achegamos ao antroido, coincidindo cos seus estudos de doutorado, incorpórase ás nosas clases en Betanzos, dende a universidade de Pifiendorff en Pitufosland, a profesora Tómasa Lero( á que podededes mirar na foto adxunta o ano pasado con algunhas alumnas).

Ante a proliferación de octavillas no instituto que reclamaban "APROBADO XERAL en Ciencias Sociais para os de ciencias(as de verdade), sen ter que recurrir a Navidul" decidimos solicitar a súa axuda como grande experta en exames na época de antroido. Porque, o certo é que este ano volvo a vivir nas miñas propias carnes a dificultade de ser de letras e ter que dar clase a clases de ciencias ( por riba bilingües)

E claro, non é doado para un profe que sempre foi de letras, e malamente unilingüe, adaptarse . En calquera caso propúxenlle a Tómasa Lero un traballo conxunto para reflexionar en métodos que nos permitiran avaliar a este tipo de alumnado (os de ciencias)empregando métodos e un estilo que estea máis perto dos seus hábitos ( ¡por facilitarlles...!, aínda que non lles fai falla) O resultado foi o seguinte examen (por suposto, fica disponible para outros profesores ou profesoras coa mesma "poblemática")



1. Durante o reinado de Fernando VII ¿cal é a porcentaxe de anos que gobernou como monarca absoluto e cal a que gobernou como monarca constitucional? Contabilizando ambas maneiras ¿que porcentaxe total de anos gobernou?

2. O fillo varón de Fernando VII, Luís de Bourbon, morreu á idade de 60 anos. Luís tiña 11 anos menos que a súa irmá ( que logo herdaría o trono co nome de Isabel II). A susodita Isabel casou, á idade de 30 anos, o mesmo ano que tivo lugar o Abrazo de Vergara. ¿En que periodo do reinado de Fernando VII naceu Luís?¿Que ano morreu?

3. Coñecendo que a presión é o resultado da relación entre a forza empregadada e a superficie sobre a que se aplica (P= F/S), calcula o seguinte problema:
Durante as guerras carlistas o bando isabelino controlaba o 69% do territorio nacional, o que supuña 345.000 kms2 do territorio peninsular . O exercito isabelino contaba cunha forza ( sumadas cabaleiría e infantería) de 696.969 homes.
¿Cal foi a presión exercida polo xeneral Espartero contra o peito do xeneral carlista, Maroto, no coñecido como "Abrazo de Vergara" (“Vergara`s Hug”) ?

4. Observa o seguinte eixo de coordenadas. O eixo de abscisas refírese ao grado de acordo coas teses liberais. O eixo de ordenadas reflexa o grado de acordo coa centralización do territorio...
4.1.- Sitúa na gráfica as seguintes coordenadas
a.- ( 2, 3 )
b.- (-1,1 )
c.- ( 5, 5 )
d.- (-5, 4 )
4.2.-Asocia cada punto cun dos seguintes personaxes: don Carlos, Isabel, Fernando VII, Espartero

5. What’s the spanish for: “let`s walk , me the first, the constitutional path”. Who and when uttered this sentence? How many "prime numbers" are there in this sentence? What`s the diference between "prime" and "cousin"? Do you know any Fernando's cousins or friends?

1 comentario:

David Martinez dijo...

Estaría ben que lles fixeses aos de 4ºD este exame. Aínda que sería poñerllelo moi facil.

Pero está moi ben. xD

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...