Agora engadídelle ( aínda que poida parecer imposible) unha boa dosis de humor, boa música e un elenco de actores que o bordan.
Pois ei tedes "O Brother, Where Art Thou?" (Ouh irmán, onde estás?)
Nota. Podedes ver que nesta ferramenta que incluimos agora no blog tedes varios vídeos.
- Tedes o trailer oficial, en Inglés.
- Unha escea da actuación dos "Cueiros Mollados" (MOI INTERESANTE e subtitulada)
- E varios cortes relacionados co racismo e o KKK
2 comentarios:
Esta película encántame, paréceme deliciosa
A min tamén me encanta. Onte falabamos en clase de como "As uvas da ira" de John Ford, co seu branco e negro reflexa tan ben a Gran Depresión. Pero neste "O Brother" , os irmáns Coen fan do humor e o bluegrass un contraste coa situación que remata por deixar un sorriso nos beizos pero o mesmo regusto amargo.
P.D. Por certo, Heladio. O outro día tive ocasión( por medio do meu compañeiro Xosé Luis) de ler outra obra de Tardi "¡Puta Guerra!" que ven tamén cun DVD. Ambos magníficos ( se non os coñeces, paga a pena)
Publicar un comentario