Para contactar con xiztoria

Contacta con nós en: xiztoria@gmail.com

26/2/11

cine para a fin de semana."O Brother, Where Art Thou?"

Imaxinade a Ulises de volta ao fogar na Odisea. Pero imaxinadeo no sur profundo dos Estados Unidos nos anos trinta, en plena Grande Depresión ( fame, desemprego, KuKusKlan...)
Agora engadídelle ( aínda que poida parecer imposible) unha boa dosis de humor, boa música e un elenco de actores que o bordan.
Pois ei tedes "O Brother, Where Art Thou?" (Ouh irmán, onde estás?)
Nota. Podedes ver que nesta ferramenta que incluimos agora no blog tedes varios vídeos.
  1. Tedes o trailer oficial, en Inglés.
  2. Unha escea da actuación dos "Cueiros Mollados" (MOI INTERESANTE e subtitulada)
  3. E varios cortes relacionados co racismo e o KKK



2 comentarios:

Unknown dijo...

Esta película encántame, paréceme deliciosa

xiztoria dijo...

A min tamén me encanta. Onte falabamos en clase de como "As uvas da ira" de John Ford, co seu branco e negro reflexa tan ben a Gran Depresión. Pero neste "O Brother" , os irmáns Coen fan do humor e o bluegrass un contraste coa situación que remata por deixar un sorriso nos beizos pero o mesmo regusto amargo.

P.D. Por certo, Heladio. O outro día tive ocasión( por medio do meu compañeiro Xosé Luis) de ler outra obra de Tardi "¡Puta Guerra!" que ven tamén cun DVD. Ambos magníficos ( se non os coñeces, paga a pena)

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...