Para contactar con xiztoria

Contacta con nós en: xiztoria@gmail.com

9/2/11

Glosas a Heráclito. Ángel González


Metidos como estamos no estudo da Revolución Rusa e nas teorías de Lenin e os bolxeviques, pode resultar suxerente este poema de Ángel González que titula "Glosas a Heráclito"(e, de paso, arrincar un sorriso a tan serio e sesudo tema). Si, Heráclito, o filósofo grego que dixo aquelo de que todo está en constante movemento e por iso nunca poderás bañar dúas veces no mesmo río. O mesmo que tanto influíu en Hegel y Marx.
ποταμοῖσι τοῖσιν αὐτοῖσιν ἐμϐαίνουσιν, ἕτερα καὶ ἕτερα ὕδατα ἐπιρρεῖ.


1
Nadie se baña dos veces en mismo río.
Excepto los pobres

2

Los más dialécticos, los multimillonarios:
nunca se bañan dos veces en el mismo
traje de baño.

3
(Traducción al chino)

Nadie se mete dos veces en el mismo lío.
(excepto los marxistas-leninistas)

4
(Interpretación del pesimista)
Nada es lo mismo, nada
permanece.
Menos
la Historia y la morcilla de mi tierra:

se hacen las dos con sangre, se repiten.

8 comentarios:

Máximo dijo...

Es difícil incluir determinados vocablos en un poema, por ejemplo, morcilla. Si le quitamos esa palabra, el poema se desvanece.

Un genio muy modesto.

Buena compañía la del Ángel, aunque se apellide Gonzáĺez.

homburg dijo...

Pois eso é o que teñen os verdadeiros poetas, que botan morcilla nun poema e aparece a poesía. Un punto de loucura, claro, porque todo verdadeiro poeta ten o seu leirón de tolemia. Lástima que non abonde con estar un pouco/moito louco, escribir poemas e meterlles cachos de morcilla dentro para obter poesía! Lástima!

xiztoria dijo...

Misterios da poesía. Con materiais tan aparentemente burdos creamos belleza y encima decimos en un alrde de condensación algo que nos llevaría muchas páginas desvelar.

La verdad es que este ángel (el que lleva anuncios) es un constante descubrimiento de profundidades.

Susana Losada dijo...

Que bo este poema, grazas por compartilo!! Encántame a comparación da historia coa morcilla. É unha fantástica glosa de Heráclito

xiztoria dijo...

Alégrame que este blog se abra tamén á xente de perfiles clásicos.

Cristina Justo dijo...

E non clásicos:moooooitos anos despóis (non diremos cántos) eu sigo a aprender historia a través do teu traballo. E música, e cine, e litaratura... Grazas, Julián.

xiztoria dijo...

Vaia, vaia....Isto ponse emocionante (para profes vellos a piques de cumprir 25) Agora sumamos o perfil da nosa socióloga de cabeceira.
¡Canto me alegro de saber de tí, Xristina!
Espero que sigan igual de guapos os teus churumbeles. ¿Que tal os contos que presentastes hai uns meses?
Un saudo ( co desexo de completalo cun café algún día)

Cristina Justo dijo...

Ese café non se pode adiar máis! Achégome a Betanzos un día que te vaia ben, mándame un email e concretamos.
Xa 25???? mimadriña...

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...