Para contactar con xiztoria

Contacta con nós en: xiztoria@gmail.com

7/2/12

OS PROTAGONISTAS DA Iª GUERRA MUNDIAL. Grandes liñas, espazos e conflictos


OS PROTAGONISTAS DA Iª GUERRA MUNDIAL. Grandes liñas, espazos e conflictos


A política colonial e  a revisión dos resultados da guerra franco-prusiana marcan a política exterior francesa.
Despois da guerra franco-prusiana, Francia perde Alsacia e Lorena a prol de Alemania, e un dos seus principais intereses vai ser recuperalos, o que a vai enfrentar a Alemania, que considera estes territorio como propios. Francia buscará aliados contra o país xermano e recuperar as rexión perdidas.
Francia tamén ten intereses coloniais en África, buscando un eixo de costa a costa do continente, o que a vai enfrentar con Gran Bretaña, que buscaba un eixo Norte-Sur, coa que tamén tivo conflictos no sudeste de Asia, o que fixo que entre os dous creasen un estado tapón chamado Siam.
 
No ámbito colonial, Gran Bretaña tentou controlar o Océano Ínico para controlar as principais rutas comercias, tanto terrestres como marítimas, cara a India. Para isto, intentou colonizar África de norte a sur e, en Asia, centrouse na conquista do territorio indio. Colonizou, tamén, puntos clave nas principais rutas comerciais, como por exemplo o peñón de Xibraltar.
 En África terán enfrontamentos con Francia en Sudán, xa que os franceses tiñan en mente conquistar o territorio africano de leste a este; e con Alemania, no período da Paz Armada, no territorio de Tanganika. En Asia enfrontaranse con Francia na Indochina, creándose finalmente o Estado-tapón de Siam; e con Rusia, que buscaba unha saída ó mar, polo que se enfrontará cos británicos creándose, finalmente, o Estado-tapón de Afganistán.

 Na política exterior de Rusia debemos distinguir duas liñas principais, por un lado  debido a que ésta non quería perder baixo ningun concepto o norte de Asia, para así poder ter saída ó Pacífico do seu imperio extendido no norte de Asia, aquí o conflicto xurde con Xapón. Pero sofre tamén intentando un acceso ao Indico por Asia Central,  que provocará un enfrontamento con Inglaterra e a creación dun estado tapón en Afganistan. 
  A segunda gran liña da política exterior rusa veu do seu desexo de  ter moita influencia nos Balcáns por tres razóns fundamentais: primeiro, para ter un gran mercado, segundo, para ter unha influencia nos pobos eslavos, o que denominaremos: paneslavismo, e terceiro e último para ter unha saída ao Mediterráneo a través do Mar Negro e os estreitos. Neste espazo Rusia tiña unha gran rivalidade cun competidor na zona, o Imperio Austro-Húngaro, e co Imperio Otomán que progresivamente vai perdendo territorios neste espazo.

O principal obxectivo do imperio austro-húngaro é o control dos Balcáns, para ter así unha saída ao mar Adriático, xa que era un imperio esencialmente  continental. Isto provocou conflitos con Rusia, a cal pretendía dominar os Balcáns polos mesmos motivos pero tamén aspiraba a aumentar o seu papel internacional convertíndose en protector dos pobos eslavos. Tamén tivo confrontacións con UK polo dominio do mar Mediterráneo, o cal necesitaba a potencia británica  para controlar las rutas cara a la India, a súa principal posesión colonial.
Posteriormente estes conflitos balcánicos conducirán á formación de alianzas entre as potencias enfrontadas. a primeira, estaba formada por Alemania e Italia que apoiaban ao Imperio austro-húngaro e a segunda por Francia y UK que apoiaban a Rusia.

Por tanto, Austria-Hungría e Rusia estaban enfrontados porque os dous estaban interesados na conquista dos territorios dos Balcáns para asegurar a súas respectivas saídas ao mar: Adriático no caso Austro-Húngaro, e Negro no caso de Rusia.Entre 1870 e 1888, durante a chancelería de Bismarck, neste conflito Alemaña xogaba un papel de arbitraxe coa intención de telos aos dous como aliados para illar a Francia ata que chegou Guillermo II ao poder e cambiou a política de Bismarck para seguir o panxermanismo, movemento ideolóxico e político cuxo obxetivo é unificar os pobos de orixe xermánica, e abandonou o papel de arbitraxe para favorecer a Austria-Hungría nos Balcáns.

Entre 1871, coa vitoria na guerra Franco-Prusiana, e 1914, co estalido da Iª Guerra Mundial,  distínguense dúas fases na política exterior de Alemaña:

§             En primeiro lugar está a que transcorre entre 1871 e 1888, dirixida polo chanceler Bismarck, quen instaurou un sistema que se basea na hexemonía alemana no continente actuando de mediador para que Austria-Hungría e Rusia non chegaran á guerra nos Balcáns, para que Francia non se recuperara da guerra franco-prusiana e non obtivera aliados e para que Gran Bretaña non se sentira ameazada ao non interferir no proxecto colonial británico.
§             E en segundo lugar está a que transcorre entre 1888 e 1914, dirixida polo káiser Guillermo II, quen instaurou unha nova política que consistía no reforzamento do panxermanismo apoiando aos alemáns de Austria-Hungría contra Rusia, provocando que Francia se aliara con Rusia e ao mesmo tempo rompíase o sistema bismarckiano e tamén Alemaña reivindícase nas colonias iniciando unha “política mundial” (weltpolitik), o que fai que Gran Bretaña se sinta ameazada e, finalmente, se alíe con Francia para loitar contra a nova potencia alemá.



O presente traballo é unha elaboración colectiva dos alumnos e alumnas de 1ºBAC "C" do IES Francisco Aguiar no curso 2011-2012.

No hay comentarios:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...