Para contactar con xiztoria

Contacta con nós en: xiztoria@gmail.com

13/2/10

Tómasa Lero. Nova incorporación á equipa de redacción de xiztoria.

Estes días de antroido, coincidindo cos seus estudos de doutorado, incorpórase dende a universidade de Pifiendorff en Pitufosland a profesora Tómasa Lero (podedes vela na fotografía que se adxunta seguidamente o día que chegou a Betanzos rodeada dun grupo de alumnas e alumno (¡) ás que lles tivemos que borrar co fotocho' unha pancarta que portaban reclamando "APROBADO XERAL en Historia para os de ciencias sen necesidade de Navidul". que non parecía adecuado para a recepción de tan ilustre profesora.

En calquera caso, a profesora agradeceu vivamente o recebemento i en conversa privada co profesor titular, Julián Ferrer, só manifestou a súa preocupación por se non ía arreglada dabondo para un encontro de tal transcendencia ( ao parecer non puido ir á peluquería de Pifiendorff e tiña o flequillo algo desarreglado)
A profesora Lero é discípula dos prestixiosos profesores María Guacero, profesora titulada en “Xogo da Oca no Iº te'cio do s. XVII en Ehpaña", e José Máforo, doutor en Trivial Pursuit pola Universidade de Pifiendorff , que nos visitou hai tres anos e do que aínda conservamos unha entrañable imaxe nos nosos arquivos e un recordo inesquecible.

Tómasa Lero é unha prestixiosa docente que está a realizar unha investigación na nosa terra e aproveitará durante os días do entroido para participar neste blog propoñendo reflexións e actividades relacionadas coa nosa asignatura. Para ben dos seus estudos sería de agradecer a máxima participación de todos vos (o da pancarta e do Navidul .... veremos)

Para empezar a profesora suxíre que empezemos por facer unha pequena enquisa sobre o tipo de exames que vos gustaría realizar. Dependendo do resultado deste primeiro cuestionario ela vai elaborar o seu traballo posterior.

HISTORIA DE ESPAÑA CONTEMPORÁNEA ( por R.D. de 17.II.1989, bicentenario da Revolución Francesa). Convocatoria de examen extraordinario de antroido.

Nome……………………………......... nº de calorías inxeridas no último xantar.......................Tensión arterial........................... % de glucosa en sangue.................................................



Elixa o tipo de examen que desea realizar:
a) Tipo uno b) Tipo dous c) Tipo test d) Tipo cuatro

Mañá en Ría-Tozix empezan os exames de Tómasa Lero

6 comentarios:

Anónimo dijo...

Bua! Tómasa Lero, no me lo puedo creer, estas cosas se avisan!
menuda eminencia...
desde Josemáforo pocos ilustres habian pisado el insti pero con Tómasa Lero esto cambia.
jajajaja, que bueno de verdad que pena no estar en el insti para presenciarlo

bó antroido!
lu

xiztoria dijo...

Tamén por aquí se che bota de menos. Moiiitísimnos recordos de José Máforo.
De seguro que che encantaría coñecer a Tómasa. Outra vez será.

Anónimo dijo...

ajajajajaja Julián eres tremendo xDD

pero ninguno como José Máforo, yo también guardo una foto de él ;)

muchos saludos y buen carnaval! :)

María Lourdes

Laura dijo...

jajaja!!!Julián eres mucho eh!!!XDD

Que recuerdos!!!y que pena no haber conocido a Tomasa!!!pero siempre nos quedara José Máforo,jaja!!

Un abrazo enorme

Laura Vázquez

xiztoria dijo...

Unha aperta grande para María e o seu sorriso dende o fondo á esquerda. Igualmente para Laura máis centrada no medio da aula.
Gustame recibirvos nesta casa de todos.

Unknown dijo...

Bueno, bueno... ¡qué lujazo! Profes colaboradores así nos gustaría tener a nosotros. Un beso.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...