Ao longo das clases cada un de nos pon en práctica infinidade de recursos e estratexias para tratar de facer ben o seu traballo, para transmitir a súa asignatura e a pasión por ela. De entre as que emprego habitualmente unha das que me deu máis satisfaccións foi a que chamo "empatías". Tratar de meterse nunha época histórica, vivila coa pel, cos ouvidos, as mans, o estómago, as ideas e mesmo os sentimentos, "xogar ao ti co eu". Este exercicio (por definición condenado ao fracaso se buscamos a perfección)resulta moi instructivo e aporta pistas( so o inicio, ben cho sei) moi importantes para o coñecemento histórico, non pretendo que sexan científicas pero poden ser aproximacións útiles para a aprendizaxe.Neste traballo atopamos tamén unha conexión moi interesante coa literatura, a que lemos e a que escribimos. En xiztoria tivemos dende o primeiro ano a sorte de topar con alumnado moi competente nestas lides literarias e históricas (competencia da que non é alleo algún profesor de literatura). Limos relatos de Uxía Cagiao, Alejandro Abelenda, Raquel e Sabela, Laura Vázquez, Inés Barbeito, Ana Eirea e Hadrián López (só por poñer algúns exemplos)
Estes días, por mediación de Francisco (quen se non), chego a un libro que non podo deixar de recomendar "Recetas de lluvia y azucar" que, editado por Thule, escribe Eva Manzano e ilustra Mónica Gutiérrez Serna. Nel anímasenos a tomarnos a vida a culleradas pero con imaxinación. Facendo un repaso das emocións que nos acompañan aos humanos na vida, adica un dos seus pequenos capítulos á empatía.

UN PASO ADELANTE
Antes de que se extinguieran los gigantes, dejaron dicho que el camino más largo comienza con un paso. Era habitual entre «los inmensos» jugar al tú con el yo. En ese juego descubrieron una energía extraña que une el pensamiento con la actitud y la inteligencia con las emociones: la empatía. Miles de años después de la extinción de los colosos, esa fuerza continúa y, en honor a ellos, quien la utiliza crece. Es una mezcla de conocimiento y contemplación zen que permite volar a los elefantes como mariposas.
Cuando eso sucede dicen que el resultado es indistinguible de la magia.
Receta para sentir empatía
1.Ser hombre y mujer, perro y gato, oriental y occidental, e intercambiarse la piel.
2.Hacer un caldito de ADN y mezclar el «ellos» con el «nosotros».
3.Antes de juzgar a alguien, caminar varias lunas con sus zapatos.
Máis ou menos hai un ano publicábamos en xiztoria: The man who can´t be moved. The Script
No hay comentarios:
Publicar un comentario