O mundo de entreguerras é o do lanzamento do consumo de masas, do alegre cabaret e a música lixeira pero tamén da marxinalidade social. Ista "cara B" é o que vemos na película de Charles Chaplin "El Chico".
Este foi o primeiro esforzo que Charlie Chaplin fixo no mundo da longametraxe (47 minutos, para ser exactos), e non hai máis que mirala para saber que se estreou estupendamente. Naquela época, a sociedade norteamericana ocultaba a vida dos marxinados, moi dura nas sociedades ricas. Chaplin sacouna a relucir nesta película con todo o humanismo que o caracteriza. A historia, en parte, é autobiográfica Concretamente, podese ver na escena en que os do internado veñen para levar ao chico. Trátase do recordo de cando o propio Chaplin e seu irmán Sydney foron recollidos do mesmo xeito e levados a un internado.
A idea de engadirlle esta melodía de Moustaki é de Mariño .
Mostrando entradas con la etiqueta Chaplin. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Chaplin. Mostrar todas las entradas
25/3/12
15/4/11
Hitler, os seus discursos e Chaplin no seu aniversario
Botadelle unha ollada. A mensaxe ( sacrificio,nación, imperio, loita, "amor á paz" XD...) podedes fixarvos na realización cinematografica ao servizo do Führer e do seu liderado, a selección de alemáns arios "high quality"(perdón, "hohe Qualität") E para os forofos de Chaplin no "Gran Dictador", observade como se inspira o gran cineasta neste discurso para moitos xestos e situacións.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)