Para contactar con xiztoria

Contacta con nós en: xiztoria@gmail.com
Mostrando entradas con la etiqueta Hitler. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Hitler. Mostrar todas las entradas

22/6/11

Dous traballos sobre o nazismo. Iria e Vanesa, neo-xiztoriadoras

Imos incorporando novas xiztoriadoras á nosa nómina (por certo na que non se cobra) agora con dous presentacións sobre o mesmo tema: a biografía de Hitler e os rasgos máis salientables da ideloxía nazi.

Primeiro vai o de Iria.Ben estruturado. Noraboa


De seguido o de Vanesa, moi coidado. Noraboa.

25/4/11

¿xogamos á guerra? Damas chinesas das Xuventudes Hitlerianas

Preséntase como  "máis barato edición popular" Este xogo practícase dacordo a normas similares ás damas chinesas. No interior da tapa di baixo o título "pobo ás armas. O xogo moderno da guerra"  Tamén podemos ler: "O ataque á carreira é a alma do xogo, atacar é gañar." 
Os xoguetes serviron no Terceiro Reich para a educación militar. Neste caso amosa que mesmo nos xogos tradicionais resáltanse os seus compoñentes agresivos.





BRETTSPIEL "HITLERJUGEND GELÄNDE-ÜBUNG
VERLAG VON O.& M. HAUSSER, LUDWIGSBURG UM 1940; PAPPE, HOLZ, METALL; VERPACKUNG 39,5 X 29,5 X 32 CM

17/4/11

Outra de Ein Volk...agora un documento da época.

Panfleto titulado, Ein Volk, Ein Reich, Ein Führer (Un Pobo, un Imperio, un Führer(lider), describe os sucesos clave nos inicios do movemento Nazi. Inclúe o servicio militar de Hitler na Iª Guerra Mundial, a expansión do movemento durante os anos 20, culminando coa anexión de Austria en 1938.
Fonte: Heüdtlass, Ein Volk, Ein Reich, Ein Führer, Howard Mowen NSDAP Collection, Western Michigan University



Vía WMU World War II propaganda collections

A segunda guerra Mundial en facebook (II)



A prometida segunda parte:
http://www.francescjosep.net/humor-original-la-segunda-guerra-mundial%E2%80%A6-en-facebook-ii/

15/4/11

Catro xiztoriadoras comentan un lema nazi."Ein Volk, Ein Reich, Ein Führer" (versión video)

Hitler, os seus discursos e Chaplin no seu aniversario

Botadelle unha ollada. A mensaxe ( sacrificio,nación, imperio, loita, "amor á paz" XD...) podedes fixarvos na realización cinematografica ao servizo do Führer e do seu liderado, a selección de alemáns arios "high quality"(perdón, "hohe Qualität") E para os forofos de Chaplin no "Gran Dictador", observade como se inspira o gran cineasta neste discurso para moitos xestos e situacións.

14/4/11

Catro xiztoriadoras comentan un lema nazi."Ein Volk, Ein Reich, Ein Führer"

Achega o punteiro para ver coa lupa algun detalle da imaxe que che interese. Na esquina inferior esquerda tes tamen o botonciño para ollar detidamente unha imaxe que che interese.
Debaixo das imaxes o magnífico traballo das catro compañeras

O lema Ein Volk, ein Reich, ein Führer ( un Pobo,un Imperio un Lider) resume moi ben a ideoloxía do nazismo.

Na primeira parte do lema, como sinala Clara Vázquez, a referencia ao pobo “reflexa e importancia da cohesión da poboación arredor dunha comunidade integrada por indivíduos que se unen por vínculos comúns como a cultura, historia, raza...” ou como concreta Vanesa Plasencia “unidos polo amor á nación, á cultura común e á mesma historia compartida”. Desenvolvendo esta idea incial, sinala Andrea Montero que “un elemento central no proxecto nacionalsocialista, para conseguir tal cohesion social era asegurar a pureza racial(“un pobo”) Afirmábase que a raza aria debía ser protexida mediante a exclusión de todos aqueles indivíduos que presentasen calquera discapacidade física ou formaran parte de minorías étnicas ...A cuestión racial que acadou unha maior magnitude foi a persecución dos xudeus”.

Hitler ademáis,como sinala Helena Regueiro, vinculou estreitamente a formulación de superioridade racial coa vontade de implantar unha nova orde en Europa asentada no dominio xermánico (“un imperio”)”. Como ven de sinalar Clara Vázquez, “esta ideoloxía expansionista unida á teoría do “espacio vital” levará ao imperio a unha tensión constante pola conquista de novos territorios”. Sometendo así, como explica Andrea Montero, “aos pobos considerados racialmente inferiores ou débiles” aos que se consideraba dende Alemania nacións proletarias.

“Cando o lema fala do Führer refírese ao único mandatario da nación, nel concéntranse todos os poderes e para os nazis representa unha figura mesiánica que guía ao pobo a ao exército cara ao triunfo da nación” Así resume Vanesa Plasencia a última parte deste lema hitleriano. E certamente, como concreta Helena Regueiro, “Hitler despois da morte de Hindenburg, acumulou as súas funcións, de chanceler e presidente e proclamouse “Führer”,o “lider conductor” ao que se refire Clara Vázquez. Un lider que, como ben explica Andrea Montero, “dirixe con cualidades de Mesías,e controla ás institucións, á sociedade a aos indivíduos mediante a a violencia e o terror”.


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...