Pero ¿hay hoy gente más infeliz que los pobres labradores? Yo, a la verdad, sólo puedo hablar con perfecto conocimiento de lo que pasa en Galicia, Asturias y montañas de León. En estas tierras no hay gente más hambrienta ni más desabrigada que los labradores. Cuatro trapos cubren sus carnes; o mejor, diré que por las muchas roturas que tienen las descubren. La habitación está igualmente rota que el vestido, de modo que el viento y la lluvia se entran por ella como por su casa. Su alimento es un poco de pan negro, acompañado o de algún lacticinio o alguna legumbre vil, pero todo en tan escasa cantidad que hay quienes apenas una vez en la vida se levantan saciados de la mesa. Agregado a estas miserias un continuo rudísimo trabajo corporal, desde que raya el alba hasta que viene la noche(…). Ellos siembran, ellos aran, ellos siegan, ellos trillan, y después de hechas todas las labores les viene otra fatiga nueva, y la más sensible de todas, que es conducir los frutos, o el valor de ellos, a las casas de los poderosos, dejando en las propias la consorte y los hijos llenos de tristeza y bañados de lágrimas(…) Benito Jerónimo Feijoo;Teatro Crítico Universal. Honra y provecho de la agricultura.
Mostrando entradas con la etiqueta Galicia. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Galicia. Mostrar todas las entradas
27/9/11
Castelao e os restos do réxime señorial
Falamos estes días en todos os cursos da situación na que vive o campesiñado sen terras no Antigo Réxime, sempre obrigado a satisfacer os dereitos señoriais. Esta situación mantívose nalgúns aspectos ata moi tarde nalgunhas zonas. En Galicia a pervivencia dos foros foi moi dilatada e contra ela queixábase Castelao nunha magnífica imaxe do seu album "Nós" feito entre 1916 e 1918. Vai acompañado dun texto que vimos nalgunhas clases do fraile bieito B.J. Feijoo.
30/4/10
14/4/10
"Nós". Proposta de traballo para un album de Castelao
Como indica no limiar, o “pesimismo” que destila a visión xeral é só “aparente” porque non é resignado senón “liberador”. Castelao non acepta xogar á farsa de representar á Galicia cos tópicos do folklore ( gaiteiros e romerías coloristas), nin aparentar emoción e bágoas diante dun fado ou dun tango. Prefire representar á Galicia que ve... e que sinte. Chorar, pero de veras, pola realidade que vive e na que viven os seus paisáns.
O album “Nós” é un exercicio de descripción pero tamén de análise e explicación da realidade de Galicia ao inicio do século XX. Para Castelao o humorismo das súas viñetas “interpreta a vida dunha maneira sinxela e forte, no somente plástica senón ideolóxica, e así como no debuxo puro a forma é o fin, no humorismo é un médeo prá eispresar ideas. Os debuxos humorísticos teñen un outro valor prá historia, pois debaixo da risa ou da sorrisa repousa un comentario xusto á realidade” .
A análise que Castelao fai desta Galicia ao inicio do século XX foi publicado en 1931 no que era un sinal inequívoco da súa vixencia 15 anos máis tarde, nos albores da IIª República, que Castelao saudaba como unha oportunidade para o recoñecemento nacional de Galicia.
A proposta de traballoPara o estudio do album “Nós” propoño o artellamento que aparece nas seguintes indicacións e que se pode presentar en forma escrita ou audiovisual.
A parte escrita do traballo pode tamén tomar como fontes algúns textos de Castelao que traten os diversos temas do album. Por exemplo, en “Sempre en Galiza” trátanse a maioría deles e case tódas a edicións traen índices temáticos que axudan a encontrar os fragmentos (sen ter que ler a obra completa, ¡era boa!)
Igualmente noutras obras de Castelao se poden atopar textos para aclarar as ideas do autor sobre os diversos temas: “Cousas”, “Os vellos non deben de namorarse”...
E unha máis... se este traballo pode semellar demasiado extenso para unha soa persoa non hai inconvinte en facelo como traballo dun grupo de dúas ou tres.
O ALBUM “NÓS” DE Castelao. Proposta de traballo
1.- Presentación e historia do albúm. Presentación de Castelao.
2.- A Galicia que retrata Castelao. Problemas.
a. Unha economía principalmente campesiña e mariñeira na que a situación dos campesiños caracterízase pola dependencia dos propietarios de foros e pola miseria que agravan aínda máis os impostos, trabucos, que o Estado impón sen á penas dar nada a cambio(vid.b.2)
(3, 12, 13, 15, 7,43)
b. Unha política caracterizada …
• pola nula participación real da poboación que está dominada e manipulada polos señoritos e caciques.( 18, 21, 27,
• polo divorcio entre os intereses reais da maioría da poboación e a protección que as leis e as institucións do Estado aseguran a esa poboación ( por iso, leis e institucións son percibidas máis como un inimigo que un instrumento de progreso)
(4,5,9, 14,19,29 24,25,30,32,22)
c. Unha sociedade marcada por atavismos que a manteñen nunha situación de atraso e subordinación:
• a situación da muller (16, 20)
• a miseria, o alcoholismo ( 7, 31, 33)
• a ignorancia e o esquezo da lingua propia (26, 29, 38, 41)
• o conformismo, o fatalismo ante a realidade (43,28)
• unha actuación da Igrexa que, ás veces, colabora no atraso (13, 37, 48)
d. Unha Galicia que, por todo isto, vese abocada á emigración co tráxico balance que Castelao resalta especialmente.
(8, 22, 24, 25,30, 32)
3.- As alternativas:
a. Fronte á ceguera (42,45,47) e o conformismo
b. O rexurdimento nacional.
(1,2, 34,39,40,44,46)
4.- Conclusión persoal. Experiencia da lectura-visionado e durante a realización do traballo.
17/3/10
6/10/07
Conmemorando o discurso de Lugrís Freire en Betanzos
En Garelia ( a sección que adicamos á historia contemporánea de Betanzos e comarca) podedes atopar o discurso íntegro e pasa por ser o primeiro que se fixo nun mitin en galego.
Se a algún de vos lle interesa o tema do nacionalismo galego pode ser un traballo interesante. A prensa da época, sobre todo a local, prestoulle atención i é un traballo interesante para Historia, lingua e literatura galega...
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
