Para contactar con xiztoria

Contacta con nós en: xiztoria@gmail.com
Mostrando entradas con la etiqueta RevolucionFrancesa. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta RevolucionFrancesa. Mostrar todas las entradas

28/10/11

As mulleres na Revolución Francesa. Proposta de traballo

Vai esta proposta de traballo por se alguén ( mellor un pequeno grupo "de miembros y miembras") anímase a afondar nel

Mulleres na Revolución Francesa. Proposta de traballo

24/10/11

A Marsellesa. Unha de versións

O clásico.


Unha versión reggae. Gainsbourg - Aux armes


You went the wrong way, old King Louis. Allan Sherman



Echoes of France, Dyango

4/11/10

O asasinato de Marat. Un webquest

Preséntovos aquí unha actividade de webquest que se pode presentar como traballo voluntario. Picade na imaxe para dirixirvos a ela ( tamén a tedes na aula virtual)

Create your own banner at mybannermaker.com!

31/10/10

¡Eche o que ten estar rodeado de artistas!

Cando un ten a sorte de estar rodeado de artistas sempre sae gañando.
En primeiro lugar recupero nesta entrada un magnífico traballo dunha xiztoriadora de primeira promoción Noelia Fernández Arias ( ¿como lle irá polas Belas Artes?) onde pintaba ao carbonciño unha serie de imaxes que eran o seu resume da Revolución Francesa que acabamos de estudar en 1º e 4º.

A segunda imaxe é un regalo que aprezo moito (¿canto? ¡X.L!) e que recibín de Xosé Luis Mosquera. Un dos seus "collages". Este da "colleita do 98" e tratando tamén imaxes da Revolución Francesa.

¡Que os disfrutedes en días de descanso como estes!

21/10/10

Cuboadiviña. A personaxe oculta de Revolución Francesa.

Retomamos unha vella actividade en xiztoria. As cuboadiviñas.
Seis imaxes, seis, que che deben servir para adiviñar ( neste caso) un personaxe famoso da revolución francesa e protagonista (contra o seu desexo seguramente) dun importante cadro da época.
Feito isto redacta un texto non moi longo onde expliques a relación da imaxes co personaxe. ¡Sorte!

PD Por suposto será valorado como un traballo de aula para a nota da avaliación.



19/10/10

Declaración dos Dereitos do Home e do Cidadán (VIII-1789)

Botamos unha ollada aos símbolos que empregou a Revolución Francesa, concretamente na Declaración de Dereitos do Home e do Cidadán de 1789 .
....1.- Podes picar na primera imaxe para acceder a unha presentación animada (expresión ésta que, neste caso, non é necesariamente sinónimo de divertida) e que está aloxada na nosa aula virtual
....2.-De seguido proba a resolver o xogo de emparellamentos que aparece no cadro inferior desta entrada.

E para rematar un enlace ( de novo á aula virtual ) apara prender algo máis sobre este texto clave na historia contemporánea)

18/10/10

Abolición do réxime feudal. 4 de agosto de 1789

Pica na imaxe para enlazar na aula virtual cunha actividade en "encher ocos" sobre o Decreto de 4 de agosto de 1789 no que a Asemblea Nacional declara abolida a feudalidade (¡aí é ná!)
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...