Para contactar con xiztoria

Contacta con nós en: xiztoria@gmail.com

7/4/08

A EMIGRACIÓN VISTA POR...........

Abondando no tema da emigración que estivemos tratando na clase propoño esta cuboadiviña facilíiiiiiiiiiiiiiisima.¿quen ven sendo o autor das imaxes?




E por se non dades con el aquí tedes un dos seus textos máis coñecidos.

…..O pai de Migueliño chegaba das Américas e o rapaz non cabía de gozo no seu traxe festeiro. Migueliño sabía cos ollos pechados como era o seu pai; pero denantes de saír da casa botoulle unha ollada ó retrato.
…..Os americanos xa estaban desembarcando. Migueliño e a súa nai agardaban no peirao do porto. O corazón do rapaz batíalle na táboa do peito e os seus ollos esculcaban nas greas en procura do pai ensoñado.
…..De súpeto avistouno de lonxe. Era o mesmo do retrato, ou aínda mellor portado, e Migueliño sentiu por el un grande amor, e canto máis se achegaba o americano, máis cobiza sentía o rapaz por enchelo de bicos. Ai, o americano pasou de largo sen mirar para ninguén, e Migueliño deixou de querelo.
…..Agora si, agora si que o era. Migueliño avistou outro home moi ben traxeado e o corazón dáballe que aquel era o seu pai. O rapaz devecía por bicalo a fartar.
…..¡Tiña un porte de tanto señorío! Ai, o americano pasou de largo e nin tan sequera reparou en que o seguían os ollos angurentos dun neno.
…..Migueliño escolleu así moitos pais que non o eran e a todos quixo tolamente.
…..E cando esculcaba con máis anguria fíxose cargo de que un home estaba abrazando a súa nai. Era un home que non se parecía ó retrato; un home moi fraco, metido nun traxe moi frouxo; un home de cera, coas orellas fóra do cacho, cos ollos encoveirados, tusindo...
…..Aquel si que era o pai de Migueliño.

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Home...este é o noso amigo Castelao,non si?. Artista onde os haxa.
Pintando, escribindo...
lu

Anónimo dijo...

Castelao es genial! :D

Ángela

Anónimo dijo...

sempre me gustou ese home



tanto significado con tan poucas palabras ou un par de liñas bem feitas

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...